Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 16 de setembro de 2019 Páx. 40270

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR809A).

Conforme o establecido na base décimo quinta da Orde do 14 de maio de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR809A), publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoas beneficiarias, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou nas unidades de cooperación no exterior (UCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas por Resolución do 7 de agosto de 2019 do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, de conformidade coa disposición adicional quinta da Orde do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 100, do 28 de maio) e segundo se detalla no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

1

Fernández Belmar

Lidia

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

17.400 €

05.26.331A.480.0

2

López Rodríguez

Noa

DXRREE e UE Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.480.0

3

Vidal Suárez

Cristina

Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana

17.400 €

05.26.331A.480.0

4

Rodríguez Beltrán

Sonia

Oficina Técnica da Cooperación Española en Mozambique

17.400 €

05.26.331A.480.0

5

Gómez Loira

Miguel

DXRREE e UE Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.480.0

6

García Carrascal

Laura

Oficina Técnica da Cooperación Española no Perú

17.400 €

05.26.331A.480.0