De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Hros. Agustín Pazos Horta o Acordo do 20 de xuño de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 119 Co, sito en Noia, relativo ao proxecto 01728 (expediente 2019/000394), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01728 -Conexión Cg 1.5 en Sampaio-Portobravo. Clave: Ac/12/031.01.
Nº de expediente: 2019/000394.
Persoa que se vai a notificar: Hros. Agustín Pazos Horta.
Expropiante: CIM. Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Expropiado: Hros. Agustín Pazos Horta.
Beneficiario: CIM. Servizo Provincial da AXI da Coruña.
Predio nº: 119 Co.
Concello: Noia.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 117,53 €.