Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber, como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada, Manuel de Jesús González Villar:
Cédula de notificación
No presente procedemento ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución teñen o seguinte teor literal:
«Sentenza 712/2019
Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Guede Gallego.
Lugar: Ourense.
Data: dez de xuño de dous mil dezanove.
Demandante: Marta Isabel Magalhaes Ribeiro.
Avogado: Luis Manuel Salgado Carbajales.
Procuradora: María José Conde González.
Demandado: Manuel de Jesús González Villar.
Ministerio Fiscal
Sentenza garda, custodia e alimentos
En Ourense o 10 de xuño de 2019.
Vistos os presentes autos número 497/18 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Conde, en nome e representación de Marta Isabel Magalhaes Ribeiro, dirixida por letrado Sr. Salgado Carbajales fronte Manuel de Jesús González Villar, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.
Resolución
Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia da filla menor, así como a pensión de alimentos de M.S.D.J.M.:
1. Atribúese a garda e custodia da menor, á nai Marta Isabel, sendo compartida a patria potestade.
2. Suspéndese o réxime de visitas.
3. En concepto de alimentos a favor da súa filla establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 125 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data do un de xaneiro.
Dentro do concepto de pensión de alimentos e derivado da ínfima cantidade establecida, establécese a obriga de asumir o 50 % dos gastos escolares xerados ao inicio do curso escolar no mes de setembro (libros e material escolar).
Así mesmo, imponse a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) nos cales non é necesario o consentimento previo das partes e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio...) que requirirán o consentimento previo de ambos os proxenitores para seren cubertos. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice, o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e achegar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.
En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o artigo 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.
Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.
Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal.
Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos».
Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.
Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4-164 e 497.2 da LAC, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma ao demandado, Manuel de Jesús González Villar.
Ourense, 31 de xullo de 2019
A letrada da Administración de xustiza