Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 13 de setembro de 2019 Páx. 40214

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de setembro 2019 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2019

O director do Instituto de Estudos do Territorio
P.S. (Resolución do 2.9.2019)
Pablo Amenedo Bermúdez
Director do Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Federación Galega de Municipios e Provincias, e os concellos de Ames, Betanzos, Fene e Teo para a obtención de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas

Regular o réxime de colaboración entre as partes subscritoras para os efectos de acadar a realización de imaxes aéreas de alta resolución xeorreferenciadas ao abeiro das actuacións contempladas no desenvolvemento do Plan nacional de ortografía aérea (PNOA 10) para Galicia

50.000 euros,

IVE incluído

9.5.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable para o desenvolvemento do camiño dos faros

Establecer as condicións de colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento do proxecto camiño dos faros, que persegue xerar un modelo de xestión integrado que leve a unha maior identificación da cidadanía residente co devandito camiño

Sen achega económica

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos)

Establecer as condición que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para la Defensa Ecológica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2019 no marco do Proxecto Ríos

Sen achega económica

14.5.2019