De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 01555, ampliación da plataforma e mellora do trazado na CP 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.q. 0,000 ao p.q. 6,100. Tm Porto do Son.
Concello: Porto do Son. Provincia: A Coruña.
Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.
Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.
Acto notificado: resolución de fixación de prezo xusto.
Persoas que se notifican |
Data do acto que se notifica |
Nº de expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Manuel Riveiro Brión Herdeiros de Manuela Enríquez Salido e catro máis CMVMC San Pedro de Muro Manuela Lijó Montemuíño |
20.6.2019 20.6.2019 20.6.2019 20.6.2019 |
2019000225 2019000228 2019000231 2019000232 |
145 A 295 348 351 A |
184,40 1.475,21 551,71 11,99 |