Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 12 de setembro de 2019 Páx. 39931

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 105/2019, do 10 de setembro, polo que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 7 e 8 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 22 do seu Regulamento de réxime interno, por proposta conxunta dos conselleiros de Facenda e de Economía, Emprego e Industria, logo da consulta ás entidades, organizacións e asociacións representadas no consello, e tras a comparecencia no Parlamento, nos termos previstos na disposición adicional terceira da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Nomear presidente do Consello Económico e Social de Galicia a Agustín Hernández Fernández de Rojas.

Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente