Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39868

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, conxunta do Instituto Galego do Consumo e da Competencia e da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se publica a relación dos premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net.

Por Resolución conxunta do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 58 do luns, 25 de marzo) convocáronse os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Vista a proposta efectuada polo xurado mencionado no artigo 16 da citada resolución, relativa á selección dos traballos presentados segundo os criterios previstos no artigo 17, procede a súa publicación de conformidade con ela. Na súa virtude:

RESOLVEMOS:

Primeiro. Declarar deserta a categoría A (alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria).

Segundo. Declarar gañador do premio na categoría B (alumnado de educación secundaria obrigatoria), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto Diferentes xogos, diferente moda?, realizado polo CEIP A Picota.

Terceiro. Declarar gañador do premio na categoría C (alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional e de educación para persoas adultas), dotado coa contía de 1.500 euros, ao proxecto TeisEsTi, realizado polo IES A Guía.

Cuarto. Declarar deserta a categoría D (alumnado de educación especial).

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

Sol María Vázquez Abeal

Directora do Instituto Galego
do Consumo e da Competencia

Carmen Pomar Tojo

Conselleira de Educación, Universidade
e Formación Profesional