De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tras ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non finaliza a vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Transcorrido este prazo sen presentar o referido recurso, esta resolución adquirirá firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90.3 da dita norma xurídica.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: MON-OU-0070/2018-CFA.
Interesado: 34931118Y.
Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.