Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 11 de setembro de 2019 Páx. 39909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2014/196-1, no concello de Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2014/196-1), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinale o propio concello.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2014/196-1.

Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT DC 220 kV Dumbría-Regoelle.

Concello: Dumbría.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

25

Riba do Agro Vello

María Quintáns

22.10.2019

10.15

32

Redondo

María Quintáns

22.10.2019

10.45

43

Bacubelo

María Quintáns

22.10.2019

11.45

97

Costa do Medio

María Quintáns

24.10.2019

10.45

103

Costa do Medio

Mª Adela Capelo Beltrán

24.10.2019

11.00

114

Laxes negras

Crisanto Blanco Fernández

24.10.2019

11.45

122

Canleiro

Jesús Beltrán Lado

25.10.2019

10.15

140

Badalasiñas

Ramona Lema Ozón

25.10.2019

11.30

142

Vao de Laxiñas

José Trillo Antelo

25.10.2019

11.00

165

Vao de Laxiñas

José Trillo Antelo

25.10.2019

11.30

168

Marmuirazo

Antonio Caamaño Alvela

29.10.2019

11.15

181

Marmuirazo

Juan Fernández Suárez

30.10.2019

10.15

190

Lagoas

Carmen Pérez Liñares

30.10.2019

10.45

2017

Agra de Arribas

María Quintáns

22.10.2019

11.30