Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 10 de setembro de 2019 Páx. 39768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2019 pola que se fai pública a formalización da encarga co medio propio personificado Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) para a realización do servizo de execución de actuacións de mellora do comportamento hidráulico e minimización dos efectos das posibles avenidas nas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de Galicia-Costa e das súas bacías.

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización da encarga realizada cunha empresa pública na súa condición de medio propio personificado, expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e nos artigos 31 e 32 e na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encargo.

Título e obxecto: servizo de execución de actuacións de mellora do comportamento hidráulico e minimización dos efectos das posibles avenidas nas áreas de risco potencial significativo de inundación (ARPSI) de Galicia-Costa e das súas concas.

Clave do expediente: OH.488.396.

Código CPV (referencia de nomenclatura): códigos CPV principais 77312000-0 (Servizos de desbrozo), 77312100-1 (Servizos de eliminación de maleza) e 77341000-2 (Poda de árbores) e CPV adicional 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñería civil).

Empresa destinataria da encarga: Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa).

Data de aprobación: 23 de agosto de 2019.

Data de formalización: 28 de agosto de 2019.

Orzamento: 249.997,28 euros (actuación non suxeita a IVE).

Importe total previsto do gasto: 249.997,28 euros. Inclúe o orzamento inicial da encarga.

Prazo de execución: 4 meses, sen previsión de prórrogas con incremento do gasto e sen prexuízo da/s ampliación/s do prazo de execución da prestación obxecto da encarga que foran necesarias sen incremento do gasto.

Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 29 de agosto de 2019.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia