Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa do concello correspondente.
A Coruña, 30 de agosto de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2007/396-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación das instalacións: LAT evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II.
Concellos: Vimianzo e Muxía.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
10-1 |
Vimianzo |
Descoñecida |
17.10.2019 |
9.00 |
299 |
Muxía |
Eudino Cándido Louzán Pampín |
17.10.2019 |
10.40 |