Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Rianxo, Rianxo (A Coruña)-OH.315.1106, clave do expediente OH.315.1161.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) número 1828/2006 da Comisión do 8 de decembro de 2006, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñería civil).

4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES111 Rianxo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Rianxo. Rianxo (A Coruña)-OH.315.1106, clave do expediente OH.315.1161.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 220.792,94 euros. Importe total: 267.159,46 euros.

8. Valor estimado do contrato: 220.792,94 euros.

9. Prazo de execución do contrato: 39 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 21 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 20 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 2 de xullo de 2019.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 11.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 3.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 26 de xullo de 2019.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Applus Norcontrol, S.L.U.

14.2. NIF: B15044357.

14.3. Enderezo: estrada N-VI, km 582, 15168 Sada (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 654 315 208.

14.6. Fax: 981 01 45 00.

14.7. Correo electrónico: eva.lopez@applus.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 156.431,80 euros. Importe total: 189.282,48 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6. (Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos). Prioridade de investimento 6.2. (O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de medio ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dunha inversión que vaia máis alá de ditos requisitos). Obxectivo específico 6.2.1. (Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga). Actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO): medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas). Operación (Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo). Unha maneira de facer Europa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial da Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial da Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 7 de febreiro de 2019.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 2 de xullo de 2019.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 31 de xullo de 2019.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia