Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38849

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confecciones Sannomedio, S. Coop. Ltda

ANUNCIO do acordo de aprobación do balance final e de extinción da cooperativa e distribución do activo.

Infórmase para o coñecemento xeral que a sociedade Confecciones Sannomedio, Sociedad Cooperativa Limitada, na asemblea extraordinaria debidamente convocada e celebrada con data do 6 de agosto de 2019, na súa sede social sita nas Neves, Pontevedra, lugar Taboexa s/n, acordou por unanimidade, entre outros, os seguintes acordos:

Aprobar o balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo, previamente censurados polo órgano de intervención da cooperativa.

O balance final de liquidación é o que segue:

Activo

Pasivo

Maquinaria

1.991,00 €

Capital social

114.793,31 €

Bancos

34.000,85 €

Result. negativ. exerc. anteriores

-113.521,49 €

Resultado exercicio

31.948,18 €

Provisión gastos liquidación

2.771,85 €

Total activo

35.991,85 €

Total pasivo

35.991,85 €

Dado que o importe dos activos repartibles entre os socios é inferior ao capital achegado á cooperativa, apróbase a repartición equitativa do total dos activos entre as 22 socias a partes iguais.

Facultar as liquidadoras para que fagan as xestións necesarias para a inscrición dos seguintes acordos no Rexistro de Cooperativas de Vigo.

Nota: a documentación relativa a estes acordos atópase en poder das liquidadoras á disposición dos interesados.

As Neves, 6 de agosto de 2019

Mª Jesús González Barros
Mª Isabel Álvarez Domínguez
Mª Beatriz Paz Míguez
Liquidadoras