Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 5 de setembro de 2019 Páx. 38822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican unhas resolucións de recursos de alzada contra a Resolución do director xeral de Desenvolvemento Rural do 22 de xaneiro de 2018, relativas á zona de concentración parcelaria de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76801473B e 35237535V

Resolución

Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín-Pontevedra)

52482366T

Resolución

Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín-Pontevedra)