Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha unidade residencial en solo rústico, no concello das Pontes de García Rodríguez promovido pola Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (expediente 2019AAE2335; código 2214/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 20 de agosto de 2019, sobre o plan especial de infraestruturas e dotacións para construción dunha unidade residencial en solo rústico, no concello das Pontes de García Rodríguez promovido pola Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático