Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun procedemento tramitado por esta entidade (expediente 2011/3/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que a continuación se relacionan a resolución ditada pola xefa territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que sexa posible practicar a dita notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por notificadas.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpor recurso de alzada contra a resolución recaída no expediente, que non pon fin á vía administrativa, ante a persoa titular da Consellería Política Social, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte á data da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 6 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 4.3 da Orde do 3.3.2016)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: 2011/3/27.

Interesados: 45090676G e 52975547S.

Acto administrativo que se notifica: resolución administrativa do 3.5.2019.

Efectos xurídicos: desistencia da solicitude e acordo de arquivamento.