Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 4 de setembro de 2019 Páx. 38736

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre desistencia dun procedemento expropiatorio, no concello de Sobrado (expediente IN407A 2016/695-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio notifícase por comparecencia ás persoas sinaladas no cadro anexo a tramitación dunha solicitude de desistencia dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A. (antes, Unión Fenosa Distribución, S.A.).

A comparecencia deberase realizar no prazo de dez días contados desde a publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 22, 2º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a vernes.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de agosto de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/695-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Sante-Grixalba.

Concello: Sobrado.

Predio

Lugar

Concello

Titularidade

4 e 6

Monte Vello

Sobrado

María Raquel Cabado Sarandeses

12

Pena María

Sobrado

Herdeiros de Eugenio Veiga Ares