Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO de notificación de resolución de declaración de ruína.

Notifíquese a Luis Nogueira Gómez, María Dolores Vázquez Rodríguez, José Nogueira Gómez e Eva Veloso como propietarios, a declaración de ruína do inmoble situado na rúa Real, 51, en Quiroga (Lugo).

O alcalde, Julio Álvarez Núñez, o 2 de agosto de 2019, ditando a seguinte resolución, do teor literal seguinte:

«Expediente de declaración de ruína número de expediente: 255/2019

Data de elaboración: 24 de xullo de 2019

Identificación do inmoble:

Referencia catastral: 2143208PH4024S0001QW

Dirección: rúa Real, 51, Quiroga (Lugo)

Resolución da Alcaldía de declaración de ruína:

Incoado o procedemento de declaración de ruína de oficio, examinados os informes técnicos e de conformidade cos artigos 141 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 346 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro,

Visto o informe dos servizos técnicos municipais que se xunta,

RESOLVO:

Primeiro. Dispor que o expediente sobre a posible declaración de ruína do inmoble, se continúe polos trámites normais de carácter contraditorio, con apertura do trámite de audiencia aos interesados, para que no prazo dun mes, aleguen e presenten por escrito os documentos e xustificacións que consideren pertinentes en defensa dos seus respectivos dereitos.

Segundo. Que se fagan as visitas de inspección e polo menos cada dous meses, por se varían as circunstancias apreciadas, ou por se aparecesen outras novas que aconsellen unha decisión distinta.

Terceiro. Ordenar a demolición do inmoble. O prazo de inicio será dun mes desde a data de declaración de ruína e terán un mes máis para executar a obra.

Cuarto. Que se comunique aos propietarios a presente resolución mediante notificación por correo certificado con xustificante de recepción. Así mesmo, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución e os datos do expediente para consulta durante vinte (20) días desde o seguinte ao da publicación, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, nas dependencias municipais».

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Monforte de Lemos, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

Quiroga, 2 de agosto de 2019

Julio Álvarez Núñez
Alcalde presidente