Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no outorgamento de concesións de actividade para a explotación de parques de cultivos mariños no Carril, Vilagarcía de Arousa.

Mediante resolucións do 1 de xullo de 2019, da Consellería do Mar, outorgáronse 59 concesións de actividade para a explotación doutros tantos parques de cultivos mariños no Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo as concesións de actividade para a explotación dos parques de cultivos mariños que se indican, logo de intentar sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para ter coñecemento íntegro da resolución que se lle notifica nas dependencias da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, con enderezo na rúa do Valiño, 63, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen que a persoa interesada compareza, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2019

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Titular

NIF

Código/s parque/es

Fajardo Gómez, María Nieves

***6798**

722--

Rodríguez Mollinedo, Elena

***3259**

810-- e 831--

Rodríguez Mollinedo, Manuel

***2355**

810-- e 831--

Rodríguez Mollinedo, Secundino

***2454**

810-- e 831--