Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 6 de agosto de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 177 (recintos 1, 3 e 4) do polígono 59 e 87 (recinto 2) do polígono 75 do termo municipal do Corgo (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 6 de agosto de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 177 (recintos 1, 3 e 4) do polígono 59 e 87 (recinto 2) do polígono 75 do termo municipal do Corgo (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 26 de xuño de 2019. Anuncio publicado no DOG número 130, do 10 de xullo.

Lugo, 16 de agosto de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo