Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38601

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS320A).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 24 de xuño de 2019 (DOG núm. 126, do 4 de xullo) as axudas enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 981 54 69 97.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Nº de exped.

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

2019/001

Concello de Cangas-Oficina Municipal de Voluntariado

P3600800A

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

2019/002

Sociedade Deportiva Compostela

G70000385

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co Pacto de Estado contra a violencia de xénero (PEVX) (artigo 8.1).

2019/006

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e cálculo de partes do orzamento.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), indicar unha data de fin de proxecto en 2019 e revisar a suma das partidas de ingresos no orzamento.

2019/007

Concello de Castrelo de Miño

P3202300D

– Anexo I: na última versión presentada a data de firma dixital é anterior á data do documento.

2019/012

Concello de Monterrei

P3205100E

– Anexo I: NIF da persoa representante, % actividades PEVX e en partes do orzamento a repartición dos gastos correntes e os gastos relacionados co PEVX (sen incluír os gastos correspondentes ás persoas voluntarias e aos seguros como gastos correntes de PEVX).

2019/013

Concello de Coirós

P1502700F

– Anexo I: subvención solicitada incorrecta, limitar o cálculo de partes do orzamento á cantidade a solicitar a razón de 10 € por persoa voluntaria e día de actividade e revisar áreas de actividade e sectores de poboación.

– Proxecto de actividades: indícanse 6 persoas voluntarias pero no anexo I só 5, orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar quen asume a diferencia entre o orzamento total e a subvención solicitada.

2019/015

Cooperación Internacional

G80829641

– Anexo I: cálculo dos gastos das persoas voluntarias erróneo e repartición dos gastos correntes e gastos PEVX non acorde ao indicado no proxecto de actividades.

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

2019/016

Concello de Sada

P1507600C

– Certificación de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: subvención solicitada, orzamento das accións relacionadas co PEVX, resumir o total de días para as 8 persoas voluntarias a 19 días de 6 horas e revisar o cálculo de partes do orzamento para que sexa acorde ao proxecto.

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

– Proxecto de actividades: revisar as actividades propostas.

2019/017

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Cualedro-Monterrei

G32465932

– Anexo I: a última versión presentada ten dobre firma e no caso da firma dixital é anterior á data do documento, revisar datos de notificación e repartir en partes do orzamento os gastos correntes entre os que teñen que ver con actividades do PEVX e os que non (sen incluír os gastos correspondentes as persoas voluntarias e aos seguros).

2019/021

Concello de Boimorto

P1501000B

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: presentar un proxecto único e revisar a cantidade indicada como gastos de PEVX dos gastos de desprazamento e manutención das persoas voluntarias.

2019/023

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

– Anexo I asinado.

2019/026

Concello de Ribadavia

P3207000E

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Certificación de estar ao día do pagamento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Anexo I: corrixir datos das persoas voluntarias e datos dos gastos do programa.

– Programa de actividades: motivar a % indicada das accións relacionadas con PEVX.

2019/027

Concello de Rairiz de Veiga

P3206800I

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

– Anexo I: corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX, datos das persoas voluntarias e datos dos gastos do programa.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/028

Concello da Laracha

P1504200E

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

– Revisar concordancia entre el anexo I e o proxecto de actividades respecto a: subvención solicitada, data de inicio, xornadas das persoas voluntarias e número de persoas beneficiarias.

– Anexo I: corrixir o orzamento solicitado ou número de días de actividade segundo o que se indique no proxecto de actividades.

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), revisar o orzamento solicitado en relación ao número de persoas voluntarias e xornadas e indicar os gastos relacionados coas actividades do PEVX para verificar que alcanza a % mínima.

2019/029

Asociación Socioeducativa para la Educación, Aseduc

G70067830

– Proxecto de actividades: incluír identificación de problemas, rectificar cálculo de gastos das persoas voluntarias no orzamento e rectificar datas da actividade apoio educativo (ver datas posibles para o proxecto no artigo 1.1).

2019/030

Concello de Valga

P3605600J

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, número de persoas beneficiarias, revisar as áreas indicadas para que sexan acorde ao proxecto de actividades, o cálculo de partes do orzamento non se corresponde co máximo a solicitar e o número de horas por día para cada persoa voluntaria ten que ser de 6 horas.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), número de persoas beneficiarias do proxecto e centrar as actividades entre xaneiro e outubro (ver obradoiros en novembro).

2019/031

Apamp, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e novo cálculo de partes do orzamento.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), indicar o número de persoas beneficiarias, eliminar as actividades/viaxes fóra de Galicia e rectificar o número de persoas voluntarias indicadas no apartado recursos humanos.

2019/033

Concello de Ames

P1500200I

– Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

2019/034

Natural Ardai, Terapia, Ocio y Formación

G32456097

– Revisar concordancia entre o anexo I e o proxecto de actividades respecto a: datas de inicio e fin (páxina 6).

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: rectificar a terminoloxía usada para referirse ao compromiso de colaboración no apartado 1.2.1 do programa, indicar o número de persoas beneficiarias, orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

2019/035

Fundación Abrente

G70397849

– Anexo I: indicar subvención solicitado, orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e revisar datos dos gastos do programa.

– Proxecto de actividades: indicar número de persoas beneficiarias, orzamento das accións relacionadas co PEVX e a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

2019/036

Concello de Ponteareas / Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

– Proxecto de actividades: eliminar actividades non compatibles coa orde e unificar os cálculos do orzamento.

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

2019/037

Club Deportivo Inclusivo ENKI

G70505276

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e orzamento das accións relacionadas co PEVX.

– Anexo I: revisar % accións relacionadas co PEVX e orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/038

Asociación para a Prevención e a Educación Social, APES

G32383549

–Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e rectificar o cálculo de partes do orzamento.

– Proxecto: cálculo do orzamento, orzamento das accións relacionadas co PEVX e rectificar a calendarización de actividades indicadas como «todo o ano».

2019/039

Concello do Grove

P3602200B

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

– Anexo I: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: xustificar a % indicada para as actividades relacionados co PEVX e corrixir orzamento.

2019/040

Alume Saúde Mental

G27198977

– Proxecto de actividades: clarificar as xornadas que participan as persoas voluntarias nas actividades relacionadas co PEVX e imputar a parte correspondente do orzamento a PEVX.

– Anexo I: modificar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, en consonancia co que se indique no proxecto de actividades.

2019/041

Concello de Val do Dubra

P1508900F

– Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e revisar o cálculo do orzamento nas actividades relacionadas co PEVX.

2019/042

Concello de Xove

P2702500F

– Anexo I: indicar número de persoas beneficiarias acorde co indicado no proxecto, revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/043

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha

G15688922

– Anexo I: incluír área relacionada co medio rural, corrixir a data de inicio do proxecto e cambiar os datos de notificación.

– Proxecto de actividades: concretar as actividades relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto.

2019/044

Concello de Rois

P1507500E

– Anexo I: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: concretar as actividades, con indicación expresa das relacionadas co PEVX, completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto e indicar o orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/045

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: concretar actividades e orzamento, indicando o orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e revisar concordancia entre o indicado no anexo I e o proxecto respecto a: número persoas beneficiarias, datas de inicio e fin das actividades.

2019/047

Concello de Vedra

P1509000D

– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas beneficiarias, detallar as actividades relacionadas co PEVX e completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto.

– Anexo I: modificar só se os cambios do proxecto afectan á información indicada.

2019/048

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

– Anexo I: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX e en partes do orzamento, repartir a cantidade indicada como gastos correntes entre gastos correntes e gastos das accións relacionadas co PEVX.

2019/049

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

– Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, número de persoas beneficiarias e datos dos gastos do programa.

– Proxecto de actividades: indicar número de persoas beneficiarias e completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto.

2019/050

Concello de Mesía

P1504800B

– Rectificar no anexo I ou no proxecto as datas de inicio e fin do proxecto, xa que non coinciden.

– Anexo I: limitar o cálculo de partes do orzamento á cantidade solicitada.

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto e revisar o orzamento total relacionado co PEVX e a porcentaxe con respecto ao orzamento total do proxecto.

2019/051

Asociación pola Igualdade e a Coeducación, Apico

G94088549

– Anexo I: partes do orzamento indicar o orzamento dos gastos correntes no apartado correspondente a accións relacionadas co PEVX.

– Proxecto: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

– Revisar a concordancia entre os datos indicados no anexo I e os indicados no proxecto respecto a: data de fin do proxecto e número de persoas beneficiarias.

2019/052

Agrupación Xuvenil, Socio Cultural, Recreativa y Deportiva Brigantium

G15404403

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e incluír en partes do orzamento a partida correspondente aos gastos correntes das accións do PEVX.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1)

2019/053

Concello de Padrón

P1506600D

– Anexo I: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/055

Concello de Tomiño

P3605400E

– Anexo I: corrixir subvención solicitada, orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e a información de partes do orzamento.

– Proxecto de actividades: revisar o número de persoas voluntarias participantes en cada unha das actividades e orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/057

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

– Anexo I: revisar orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto: revisar orzamento total.

2019/058

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

– Rectificar no anexo I ou no proxecto de actividades a data de inicio do proxecto, xa que non coinciden.

– Anexo I: o cálculo en partes do orzamento non é correcto, a cantidade da subvención solicitada non é correcta e hai que revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), incluír no orzamento das accións do PEVX os gastos correspondentes ás axudas de custo e desprazamentos das persoas voluntarias e indicar quen asume a diferencia entre o orzamento total e o solicitado.

2019/059

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

– Certificación de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: data de inicio do proxecto, número de persoas beneficiarias e limitar o cálculo de partes do orzamento á cantidade máxima a conceder.

– Proxecto de actividades: estimar o número total de persoas beneficiarias, indicar unha mesma data como inicio do proxecto, indicar as actividades concretas a realizar relacionadas co PEVX, indicar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar quen asume a diferencia entre o orzamento total e o solicitado.

2019/060

Concello de Ponteceso

P1506900H

– Anexo I: corrixir o número de persoas beneficiarias acorde ao indicado no proxecto, corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: detallar as actividades do proxecto, orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto.

2019/061

Concello da Veiga

P3208400F

– Anexo I: engadir áreas de solicitude (maiores, xuventude, igualdade e medio ambiente) e engadir o sector de poboación (infancia e familia), tal e como se indica no proxecto, revisar o orzamento das actividades relacionadas co PEVX e a % destas actividades con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento detallado do proxecto e orzamento relacionado coas accións do PEVX.

2019/062

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto, corrixir datos dos gastos do programa e número de persoas beneficiarias acorde o indicado no proxecto.

– Proxecto de actividades: actividades e orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

2019/063

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

– Anexo I: data fin proxecto, cálculo orzamento dos gastos das persoas voluntarias e orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e especificar as actividades concretas relacionadas co PEVX.

2019/064

Asociación Protectora de Animais do Camiño

G70459045

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1).

2019/065

Asociación Grupo Scout ILEX

G32466187

– Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Anexo I: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e reformar a información solicitada como perfil das persoas voluntarias.

2019/066

Asociación Xaruma

G27746486

– Anexo I: corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

2019/068

Concello de Mos

P3603300I

– Anexo I: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e número de persoas beneficiarias.

– Proxecto: corrixir o orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/069

Asociación de Vecinos Afectados por Infraestructuras en el Municipio de Cambre

G15928088

– Anexo I: revisar os datos para efectos de notificación, % das accións relacionadas co PEVX con respecto ao orzamento total do proxecto e repartir en partes do orzamento os gastos correntes entre os que teñen que ver con actividades de PEVX e os que non.

– Proxecto de actividades: engadir a parte indicada de IVE que asume a entidade ao orzamento total do proxecto cando se detalla o orzamento por actividades, recalcular a % das accións relacionadas co PEVX con respecto ao orzamento total do proxecto, revisar a numeración das acción do PEVX indicadas na táboa de orzamentos por actividade e modificar a cantidade indicada como cofinanciamento na páxina 7 á diferencia entre orzamento total e orzamento solicitado.

2019/070

Asociación Tesouros de Galicia

G94065000

– Anexo I: corrixir datos dos gastos do programa e revisar os datos para efectos de notificación.

2019/071

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Certificación de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Modificar no anexo I ou no proxecto de actividades o número de persoas beneficiarias, xa que non coinciden.

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1) e indicar as actividades a realizar que teñen relación coas accións do PEVX.

2019/072

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

– Anexo I: indicar área/s en que se solicita, revisar data de inicio, corrixir datos dos gastos do programa acorde o orzamento solicitado.

– Proxecto de actividades: concretar as actividades e completar a información sobre o tempo adicado polas persoas voluntarias ás actividades relacionadas co PEVX para xustificar a porcentaxe de custo destas actividades sobre o total do proxecto, orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

2019/073

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, FGCMF

G36231561

– Anexo I: indicar os datos da persoa de contacto e corrixir os datos dos gastos do programa.

2019/074

Concello de Cervo

P2701300B

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (artigo 8.1.b).

– Anexo I: número de persoas beneficiarias, corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento detallado do proxecto, orzamento das accións relacionadas co PEVX e número de persoas beneficiarias.

2019/075

Asociación Centinelas

G70390745

– Anexo I: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: revisar o orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/076

Asociación Amigos da Terra Galicia - Xuventude

G32242422

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX e indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1).

2019/077

Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos

G27753268

– Anexo I: número persoas beneficiarias, orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e revisar o indicado en partes do orzamento.

– Proxecto de actividades: número de persoas beneficiarias e corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX.

2019/078

Asociación Sustinea

G32422834

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e cálculo do orzamento.

– Proxecto de actividades completo (artigo 8.1.a).

2019/079

Asociación Erasmus Compostela

G70306394

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX, % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto e indicar o número de persoas voluntarias.

– Proxecto de actividades completo (artigo 8.1.a).

2019/080

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.

– Anexo I: orzamento das accións relacionadas co PEVX e % destas accións con respecto ao orzamento total do proxecto.

– Proxecto de actividades: orzamento das accións relacionadas co PEVX, indicar a/as medida/s específica/s relacionada/s co PEVX (artigo 8.1), indicar as accións a realizar relacionadas co PEVX e revisar o cadro de orzamento, xa que non pode asumir a entidade unha parte cando o orzamento total é o mesmo que o solicitado.

2019/081

Asociación Extramundi

G70479902

– Anexo I.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1).

2019/082

Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís

G15655285

– Anexo I: corrixir orzamento das accións relacionadas co PEVX.

– Proxecto de actividades (artigo 8.1).

2019/083

Asociación Ecos do Sur

G15354483

– Anexo I: corrixir a información en partes do orzamento, centrado o cálculo na subvención máxima a conceder.