Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 3 de setembro de 2019 Páx. 38673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de agosto de 2019, da Zona Centro, polo que se procede á apertura do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 5, no dominio público portuario de Camariñas.

Ao quedar dispoñible no porto de Camariñas o departamento número 5 no dominio público portuario de Camariñas, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes segundo o establecido no prego das bases da convocatoria nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, pero en todo caso deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está a disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 2 de agosto de 2019

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro