Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38526

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 7 de agosto de 2019 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20 (código de procedemento ED516B).

BDNS (Identif.): 471026.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Centros privados concertados interesados en participar nalgunha das seguintes liñas de axuda:

a) Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados (continuación das axudas á actualización das bibliotecas escolares iniciadas en 2016 e incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares).

b) Clubs de lectura-concertados (vinculados á biblioteca escolar, para realizar fóra das aulas, é dicir, do tempo das materias) e destinados a alumnado de ensinanza secundaria obrigatoria.

c) Radio na biblio-concertados (laboratorio de radio, vinculado á biblioteca escolar en centros xa integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares durante o curso 2018/19).

d) Biblioteca inclusiva-concertados (melloras para a accesibilidade concretadas no mobiliario, equipamento e colección das bibliotecas escolares de centros ordinarios que contan con unidades concertadas de educación especial).

Segundo. Bases reguladoras

Orde do 7 de agosto de 2019 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2019/20 (código de procedemento ED516B).

Terceiro. Obxectos e importes

A través desta orde preténdese seleccionar novos centros para a súa incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, así como apoiar a continuidade deste programa mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos en anteriores convocatorias, sempre que a través do seguimento que se realiza desde a coordinación do programa, e moi especialmente a través da memoria correspondente ao curso 2018/19, acaden unha valoración positiva.

No caso dos centros concertados integrados en convocatorias anteriores que soliciten a súa continuidade, ademais deste requisito, terase en conta a correcta xustificación da axuda recibida.

Da mesma forma búscase seleccionar centros que desexen poñer en marcha o Programa de clubs de lectura (ensinanza secundaria obrigatoria) ou Radio na biblio (co requisito de ser un centro incluído no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/19). Así mesmo, adxudicaranse axudas a centros concertados ordinarios con aulas concertadas de educación especial, destinadas a melloras na biblioteca para lograr avances como biblioteca inclusiva.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional