Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 2 de setembro de 2019 Páx. 38559

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 30 de xullo de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, rectifícase o modelo das respostas do primeiro exercicio, substituíndo a resposta da pregunta 56 do cuestionario. A resposta válida é a letra d).

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como no acordo do tribunal sobre criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio do proceso selectivo do 5 de xullo de 2019, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, puntuación que equivale a cincuenta e cinco (55) respostas correctas. Para estes efectos, fíxase en 57 o número máximo de aspirantes que superaron o exercicio, ao alcanzaren as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas, responderen correctamente, como mínimo, ao 55 % das preguntas do cuestionario consideradas válidas e unha vez feitas as deducións previstas na citada base.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

Margarita Rodríguez Rama
Presidenta do tribunal