Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente URB 35/2019-1258/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 16 de Vilar, Pedornes, no termo municipal de Oia (Pontevedra), e ao resultar descoñecida a identidade do titular da parcela 6007 do polígono 16 (ref. catastral 36036A016060070000QS), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral

URB/35/2019 (1258/2019)

Descoñecido

36036A016060070000QS

Parcela 6007, polígono 16

Vilar, Pedornes

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 14 de agosto de 2019

Carmen Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións