Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANUNCIO do 14 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, para a notificación da resolución do procedemento de dedución de haberes do 4 de decembro de 2018.

Intentouse a notificación da resolución do procedemento de dedución de haberes de data 4 de decembro de 2018, ditada pola xefa territorial de Lugo, primeiro, no centro de traballo da persoa interesada, e, despois, no seu domicilio, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada que se indica a continuación de que a xefa territorial ditou resolución no procedemento que se indica deseguido:

Persoa interesada: José Luis Mera Castro.

Procedemento: procedemento de dedución de haberes do 4 de decembro de 2018.

A persoa interesada poderá solicitar unha copia desa resolución mediante comparecencia no prazo máximo de 10 días hábiles, de luns a venres (agás festivos), de 10.00 a 13.00 horas, nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no Edificio Administrativo de Multiusos, na cidade de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo. O dito prazo comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Se transcorrido o dito prazo non tivese comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución do procedemento, que non é definitiva na vía administrativa, a persoa interesada, no prazo dun mes, pode formular recurso de alzada ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, consonte o artigo 121 da LPACAP. Os prazos citados comezarán a contar desde o día seguinte ao da notificación da antedita resolución.

Lugo, 14 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 138/2018, do 8 de novembro; DOG do 16.11.2018)
Silvia Cereijo Villares
Xefa do Servizo de Recursos Humanos