Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se acorda notificar a resolución de incoación de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2015/00026).

Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de incoación de expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 6 de agosto de 2019

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

NIE/equivalente

OU-2015/00026

49708842T

OU-2015/00026

YB492101