Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2019, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción das actuacións de mellora da estrada PO-235, segunda fase, de clave PO/15/058.10.2, concello da Lama.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 6 de xuño de 2019 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción das actuacións de mellora da estrada PO-235, segunda fase, de clave PO/15/058.10.2, concello da Lama, polo Decreto 65/2019, publicado no Diario Oficial de Galicia do 18 de xuño.

A tramitación do expediente expropiatorio débese axustar ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello da Lama, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan a continuación, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal da Lama.

Lugar: Casa do concello.

Data: 16 de setembro de 2019, das 9.30 ás 13.30 horas, desde Alfaya Antón, Digna ata Cendón Justo, Concepción.

Data: 17 de setembro de 2019, das 9.30 ás 13.30 horas, desde Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Antas ata Justo Portela, Ramiro.

Data: 18 de setembro de 2019, das 9.30 ás 13.30 horas, desde López Doval, Carlos ata o final.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello da Lama, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 1º, 36002 Pontevedra), e publicarase na seguinte ligazón da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_Ps5C_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos%2FAviso%2Faviso_0111.html

Así mesmo, convocaranse os interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI…), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Pontevedra, 14 de agosto de 2019

O xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 20.7.2015)
Antonio Pulido López
Enxeñeiro técnico de Obras Públicas