Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38153

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 19 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

BDNS (Identif.): 439402.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

Amplíase ata o 30 de setembro de 2019, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 8 da Resolución de 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2019

O secretario xeral da Emigración
P.S. (Decreto 76/2017, do 28 de xullo)
José Carlos García Bouzas
Subdirector xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno