Ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O expediente relacionado atópase a disposición da interesada para que, se é o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, nº 79, 1º, 32004 Ourense.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 5 de agosto de 2019
Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente |
Interesada |
DNI/equivalente |
OU-2012/00082 |
Marlucia da Luz de Oliveira |
*2349 |