Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 13 de agosto de 2019, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-19/2019.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda en Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo, no Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 13 de agosto de 2019

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 5.6.2019)
Belén da Riva López
Xefa do Servizo Técnico de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-19/2019.

DNI: 33312563F e 76573540P.

Acto obxecto de notificación: inicio do procedemento sancionador.