Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Arteixo no ámbito do polígono industrial de Sabón.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de abril de 2019, acordou aprobar inicialmente o expediente 5/2015.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Arteixo no ámbito do polígono industrial de Sabón, segundo o proxecto asinado polo arquitecto Álvaro Vidal García con data de marzo de 2019.

En virtude do disposto polo artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo artigo 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza esta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, nº 1, Arteixo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar alegacións se o consideran oportuno.

O contido íntegro da modificación puntual pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: https://sede.arteixo.org/opencms/gl/informacion/tablon/Noticia_Urbanismo_001.html.

Arteixo, 10 de xuño de 2019

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro en funcións do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente