Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto dos colectores xerais e da estación depuradora de augas residuais de Vedra, sita no lugar de Bazar na parroquia de Trobe, concello de Vedra (clave do expediente 2018/0232).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental formulado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 31 de xullo de 2019, do proxecto dos colectores xerais e da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vedra, sita no lugar de Bazar na parroquia de Trobe, concello de Vedra (A Coruña), promovido polo concello de Vedra.

O dito informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático