Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do instrumento de ordenación provisional para o antigo sector de solo urbanizable número 20 Fonsillón-A Farixa do Plan xeral de ordenación municipal 2003, no concello de Ourense (expediente 2018AAE2222; código 2215/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, faise público o informe ambiental estratéxico, do 1 de agosto de 2019, sobre o instrumento de ordenación provisional para o antigo sector de solo urbanizable número 20 Fonsillón-A Farixa do Plan xeral de ordenación municipal 2003, no concello de Ourense.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático