Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37603

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 128/2019).

Execución de títulos xudiciais 128/2019

Declaración de insolvencia

Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 128/2019, por instancia de Gabriel Eiras Romero contra as executadas Galcatec, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Neira y Ferreira, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 30 de xullo de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 14.208,69 euros de principal, máis 2.635,42 euros en concepto de xuros de mora, máis 1.684,41 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza