Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 1 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e ao non ser posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e sirva de notificación aos/ás interesados/as, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 1 de agosto de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

19474

063616950

15.5.2019

24053

N217364

7.5.2019

25593

FT799889

3.6.2019

26326

153543306 (representante: 057892599)

20.6.2019

26690

AA0196252

27.6.2019

27698

Libro de familia (representante: 54676435F)

18.7.2019