Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, do contrato de obra formalizado de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei (expediente OH.227.665).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 138, do 22 de xullo de 2019, cómpre facer a seguinte modificación:

Na páxina 34025, a seguir do sumario e antes do número «1. Poder adxudicador», debe substituírse o texto publicado polo seguinte:

«Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea».