Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal (expediente 1110/2019 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse practicar as notificacións os propietarios, faise pública resolución de orde de execución para xestión da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Localización da parcela

1119/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada das árbores prohibidas

Carmen Barros Barros

36005A045004080000TI sita en Aboi, Santo André

1110/2019

Xestión da biomasa vexetal e retirada das árbores prohibidas

Hdros. Delfina Rey Martínez

36005A045001390000TP sita en Aboi, Santo André

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer recurso de reposición potestativo, non se podrá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, e o recurso de reposición entenderase desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao daquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 31 de xullo de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente