Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37476

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2019 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores a María José Martín Santamaría.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 13 de maio de 2019 (BOE do 31 de maio), para a provisión da praza número 19/029 de catedrático/a de universidade da área de coñecemento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Departamento de Enxeñería de Computadores desta universidade, a favor de María José Martín Santamaría, con DNI núm. ***6370** e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María José Martín Santamaría, catedrática de universidade da área de coñecemento de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Departamento de Enxeñería de Computadores desta universidade.

Este nomeamento, producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, para estes efectos o mes de agosto será inhábil.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de agosto de 2019

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña