Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2017 (DOG núm. 59, do 24 de marzo), ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 10 de agosto de 2017 (DOG núm. 157, do 21 de agosto), aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos ata o final do curso 2022/23; concertos modificados pola Orde do 20 de xullo de 2018 (DOG núm. 154, do 13 de agosto)
De conformidade co artigo 4 da devandita Orde do 14 de marzo de 2017 os concertos educativos que se subscriban ou modifican pola presente orde rematarán ao final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento do artigo 15 da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.
Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 138/2018, do 8 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes
1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que no mesmo anexo se sinalan.
2. As modificacións a que se refire o punto 1 deste artigo, terán vixencia ata o final do curso 2022/23, sen prexuízo da súa posible modificación con anterioridade de conformidade co artigo 15 da Orde do 14 de marzo de 2017.
Artigo 2. Desestimación de solicitudes
Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición de concerto educativo formuladas polos centros docentes que se relacionan no anexo II da presente orde polos motivos que en cada caso se especifican.
Artigo 3. Formalización do concerto
1. As modificacións formalizaranse mediante addenda ao documento administrativo de formalización do concerto educativo subscrito polo centro, que se asinará pola persoa titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 4 da Orde do 5 de decembro de 2018 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
2. Se a persoa titular do centro non subscribise a addenda ao documento administrativo de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.
Artigo 4. Efectos da modificación
As modificacións ás que se refire esta orde terán efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2019.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional
ANEXO I
Modificacións realizadas de conformidade co artigo 15
da Orde do 14 de marzo de 2017
a) Educación infantil.
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
15020489 |
CPR Plurilingüe Montespiño |
Culleredo |
A Coruña |
Concertar 2 unidades |
15010794 |
CPR Plurilingüe Jaime Balmes |
Noia |
A Coruña |
Incrementar o concerto 1 unidade |
15015241 |
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada |
Santa Comba |
A Coruña |
Incrementar o concerto 1 unidade |
36009925 |
CPR Plurilingüe Amor de Dios |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto 1 unidade |
36011257 |
CPR Plurilingüe El Pilar |
Vigo |
Pontevedra |
Incrementar o concerto 1 unidade |
36011831 |
CPR Plurilingüe Las Acacias |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto 2 unidades |
36025037 |
CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Concertar 4 unidades |
b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO).
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
15032157 |
CPR Plurilingüe Andaina |
Culleredo |
A Coruña |
Incrementar o concerto 1 unidade de EP |
15013497 |
CPR Luís Vives |
Pontedeume |
A Coruña |
Incrementar o concerto 1 unidade de EP |
15015366 |
CPR Casa do Neno |
Santiago de Compostela |
Santiago de Compostela |
Incrementar o concerto 1 unidade de EP |
32016731 |
CPR Malvedo |
Coles |
Ourense |
Incrementar o concerto 1 unidade de ESO (1º/2º curso) Horas de orientación: 16 |
32009062 |
CPR Cardenal Cisneros |
Ourense |
Ourense |
Suprimir o concerto 1 unidade de EP |
32016194 |
CPR Plurilingüe Guillelme Brown |
Pereiro de Aguiar, O |
Ourense |
Concertar 1 unidade de ESO (1º/2º curso) |
32020720 |
CPR Plurilingüe Miraflores |
Pereiro de Aguiar, O |
Ourense |
Concertar 1 unidade de ESO (1º/2º curso) |
36016115 |
CPR Eduardo Pondal |
Cangas |
Pontevedra |
Incrementar 1 unidade de EP |
36004113 |
CPR Plurilingüe Sagrado Corazón |
Lalín |
Pontevedra |
Suprimir o concerto 1 unidade de EP Suprimir o concerto 1 unidade de ESO (3º/4º curso) Suprimir 1 hora de orientación |
36011831 |
CPR Plurilingüe Las Acacias |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto de EP (6 unidades) Suprimir o concerto de ESO: 2 unidades de (1º/2º) e 2 unidades de (3º/4º) Suprimir 16 horas de orientación |
36011191 |
CPR Plurilingüe Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto de EP (6 unidades) Suprimir o concerto de ESO: 2 unidades de (1º/2º) e 2 unidades de (3º/4º) Suprimir 16 horas de orientación |
36025037 |
CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Concertar 12 unidades de EP Concertar 8 unidades de ESO: 4 unidades de (1º e 2º) e 4 unidades de (3º e 4º) Total de horas de orientación 25 |
c) Educación especial.
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
27006243 |
CPR María Auxiliadora |
Lugo |
Lugo |
Incrementar o concerto en 1 unidade-plurideficientes |
32008446 |
CPR Concepción Arenal |
Ourense |
Ourense |
Incrementar o concerto en 1 unidade-psíquicos |
36000429 |
CPR Plurilingüe La Encarnación |
Caldas de Reis |
Pontevedra |
Concertar 1 unidade-plurideficientes |
36016115 |
CPR Eduardo Pondal |
Cangas |
Pontevedra |
Incrementar o concerto en 1 unidade-psíquicos |
36003960 |
CPR Plurilingüe Padres Somascos |
Guarda, A |
Pontevedra |
Concertar 1 unidade-plurideficientes |
36004113 |
Sagrado Corazón |
Lalín |
Pontevedra |
Concertar 1 unidade-plurideficientes |
d) Formación profesional básica.
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
15020431 |
CPR Agarimo |
Arteixo |
Coruña, A |
Concertar o 1º curso do ciclo de Cociña e Restauración (1 unidade) |
15032431 |
CPR Aula Nosa |
Coruña, A |
Coruña,A |
Concertar o 1º curso do ciclo de Informática de Oficina (1 unidade) |
15026649 |
CPR Divino Maestro |
Pobra do Caramiñal, A |
Coruña, A |
Concertar o 1º curso de Servizos Administrativos (1 unidade) |
36018033 |
CPR Plurilingüe Vigo |
Redondela |
Vigo |
Concertar o 1º curso de Servizos Comerciais (1 unidade) |
e) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
15004265 |
CPR Plurilingüe Liceo La Paz |
Coruña, A |
Coruña, A |
Concertar o 1º curso do ciclo Emerxencias Sanitarias (1 unidade) |
15010769 |
CPR Plurilingüe María Assumpta |
Noia |
Coruña, A |
Suprimir o concerto do 2º curso do ciclo Xestión Administrativa (1 unidade) |
36011191 |
CPR Plurilingüe Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto de 1º e 2º curso do ciclo Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades) Suprimir o concerto de 1º e 2º cursos do ciclo de Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades) |
36025037 |
CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Concertar 1º e 2º curso do ciclo Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades) Concertar 1º e 2º curso do ciclo Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades) |
f) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
15021974 |
EFAG Fonteboa |
Coristanco |
Coruña, A |
Concertar 2º curso do ciclo de Paisaxismo e Medio Rural |
15010769 |
CPR Plurilingüe María Assumpta |
Noia |
Coruña, A |
Concertar o 2º curso do ciclo Xestión de Vendas e Espacios Comerciais (1 unidade) |
27011718 |
CPR Belarmino Fernández Iglesias |
Sober |
Lugo |
Concertar o 2º curso do ciclo de Vitivinicultura (1 unidade) |
36005427 |
CPR Plurilingüe Lar |
Mos |
Pontevedra |
Concertar o 2º curso do ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (1 unidade) Concertar o 1º curso do ciclo de Integración Social (1 unidade) |
36011191 |
CPR Plurilingüe Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto de 1º e 2º curso do ciclo Automatización e Robótica Industrial (2 unidades) |
36025037 |
CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Concertar 1º e 2º curso do ciclo Automatización e Robótica Industrial (2 unidades) |
ANEXO II
Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
Centro de Formación Profesional San Eloy |
Vigo |
Pontevedra |
Non existe necesidade de concerto destas ensinanzas; non dispoñibilidade orzamentaria, segundo os artigos 7 e 17 da Orde do 14 de marzo de 2017 |
|
Amadahi |
Oleiros |
Coruña, A |
O centro non dispón de autorización de apertura e funcionamento, segundo o artigo 3 da Orde do 14 de marzo de 2017 |
|
36016152 |
Divino Maestro |
Vigo |
Vigo |
O centro non dispón de autorización de apertura e funcionamento, segundo o artigo 3 da Orde do 14 marzo de 2017 |