Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 8 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2019/0118-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución, que non pon fin á vía administrativa, nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2019/0118-4.

Acta: I362019000008133.

Empresa: Techwood-House, S.L.

NIF: B76754084.

Enderezo: rúa Tomás Iriarte, 1, porta 30, Monte El Guargacho, Santa Cruz de Tenerife.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 11.1.c) e 7.2 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.23.a), 39 e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 27.5.2019.

Resolución: multa de 2.046 €.

Vigo, 8 de agosto de 2019

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
Ana Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica