Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 102/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sheila Feteira Santos contra a empresa Pescados Castro Varela, S.L.U., sobre ordinario, se ditaron dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e o Decreto do 24 de xullo de 2019, impugnables en reposición no prazo de tres días, os cales están á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Castro Varela, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 24 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza