Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37219

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal deste concello no ámbito dotacional do solo urbano de Xunqueira de Ambía (rúa Asdrúbal Ferreiro), mediante o Acordo do Pleno que tivo lugar o 15 de febreiro de 2019, de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada por esta modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

A duración da suspensión é de dous (2) anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe definitivamente.

Xunqueira de Ambía, 12 de xullo de 2019

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde