Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37080

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 6 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para programas de emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 a 2021 (cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020) (código de procedemento BS623C).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20 da Constitución española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais para Galicia, establece, no seu artigo 58, que as competencias en materia de servizos sociais corresponderanlle á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais de Galicia, así como, se é o caso, ás demais entidades públicas previstas no Estatuto de autonomía de Galicia ou establecidas nesta lei. Así mesmo, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no seu artigo 5, establece que as actuacións que se desenvolvan desde as administracións públicas para a aplicación das medidas establecidas nesta lei rexeranse tamén polo principio de responsabilidade pública e solidariedade social, polo que os poderes públicos galegos desenvolverán as medidas reguladas nesta lei mediante a rede pública de servizos sociais e de emprego, sen prexuízo do fomento da participación e da colaboración complementaria das entidades de iniciativa social tanto na aplicación de recursos contra a exclusión como na mellora continua do sistema.

Segundo o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, a dita consellería é o órgano que ten asumidas as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de inclusión social e as relativas á poboación inmigrante que lle corresponden á Xunta de Galicia.

A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.

Para lograr a converxencia con España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego, mellorando as condicións de empregabilidade propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión.

Nesta liña, aumentar a participación no mercado laboral e mellorar a calidade e produtividade do traballo, impulsando a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos, son os principais obxectivos do presente período 2014-2020.

Este enfoque da inclusión social activa, recollido na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, está consolidado como unha das prioridades da Unión Europea e dos Estados membros e é prioritario para os fondos estruturais. Neste sentido, o Regulamento (UE) nº 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, no seu artigo 3, establece que o Fondo Social Europeo (en diante, FSE) apoiará, como prioridade de investimento, en relación co obxectivo temático «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», a inclusión social activa, con vistas a promover a igualdade de oportunidades, a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego.

Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos impulsando o desenvolvemento de actuacións como as que son obxecto da presente orde.

A presente orde reguladora pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, os perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e as persoas inmigrantes, entre outros, considerásense grupos vulnerables e, polo tanto, susceptibles de ser destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio. Estas tipoloxías de programas serán cofinanciados nun 80 % con fondos FSE no programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación; prioridade de investimento 9.1, A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego; obxectivo específico 9.1.1, Mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción.

Por outra banda o estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia desenvolvido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades sociais no ano 2017, reflicte que un total de 1.263 persoas sofren esta situación en Galicia, deles o 68 % levan máis de tres anos na rúa. Para reverter esta situación é necesario desenvolver programas de carácter integral que atendan as múltiples necesidades destas persoas, desenvolvendo itinerarios de inclusión específicos, reforzar o acompañamento e realizar accións de promoción do acceso e mantemento da vivenda. É por iso que esta convocatoria recolle un programa específico dirixido a subvencionar prestacións a persoas sen fogar.

Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Así mesmo, enmárcase no programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e dáse debido cumprimento á normativa aplicable, de conformidade co disposto no artigo 125.3.e) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, o Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, ambos modificados polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Segundo o establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018. As normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67, 68, 68.bis e 68.ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de opcións de custos simplificados.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento e regulación da concesión de subvencións ás corporacións locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral. O código deste procedemento é o BS623C.

2. Para os efectos da presente orde, terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e particularmente persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana, a poboación inmigrante residente en Galicia, as persoas sen fogar, cando se trate de participantes nos programas descritos no artigo 5.

Artigo 2. Financiamento

1. Na concesión das subvencións reguladas nesta orde destínanse os importes sinalados a continuación para os anos 2019, 2020 e 2021:

Aplicacións

Importe 2019 (€)

Importe 2020 (€)

Importe 2021 (€)

Importe total (€)

13.03.312C.460.0

80.400,00

345.000,00

295.000,00

720.400,00

13.03.313C.460.1

31.858,56

500.000,00

290.000,00

821.858,56

13.03.313C.460.2

1.141,44

2.550.000,00

1.482.500,00

4.033.641,44

Total

113.400,00

3.395.000,00

2.067.500,00

5.575.900,00

Estas partidas están cofinanciadas ao 80 % con fondos do PO FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación; prioridade de investimento 9.1, A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego, obxectivo específico 9.1.1, Mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción; liña de actuación 106, Accións específicas da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020, coa seguinte distribución por programas:

Programas

Ano 2019

Ano 2020

Ano 2021

Total

Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana

21.000,00 €

500.000,00 €

290.000,00 €

811.000,00 €

Programas dirixidos a inclusión social da poboación inmigrante

21.000,00 €

345.000,00 €

295.000,00 €

661.000,00 €

Programas dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social

26.000,00 €

1.050.000,00 €

612.500,00 €

1.688.500,00 €

Programas complementarios dirixidos a educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social

25.000,00 €

1.000.000,00 €

580.000,00 €

1.605.000,00 €

Programas dirixidos a persoas sen fogar

20.400,00 €

500.000,00 €

290.000,00 €

810.400,00 €

Total

113.400,00 €

3.395.000,00 €

2.067.500,00 €

5.575.900,00 €

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, previo informe favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio competente do PO FSE Galicia 2014-2020, actualmente a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. A este respecto, poderá incrementarse crédito procedente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade nos programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

3. Polo que respecta aos programas, de non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de subvención poderá ser utilizado no resto das tipoloxías, sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos que financian as devanditas axudas.

Artigo 3. Entidades solicitantes

1. Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1.

2. Enténdense incluídas no número anterior as mancomunidades de concellos e agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, incluída a de fusión municipal.

Non obstante o anterior e, en relación con aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de concellos, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes nas cales non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos, considerarase que non queda suficientemente acreditado este aspecto cando os usuarios participantes do programa estean empadroados nun único concello dos integrantes da devandita agrupación ou o servizo a estes non se preste a través dun único dispositivo. Esta última característica non será aplicable no caso de programas de natureza inequívoca e exclusivamente formativa.

En todo caso, a solicitude presentada por calquera tipo de agrupación de concellos para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude por parte dun concello que forme parte da agrupación para o mesmo programa.

3. En calquera caso as corporacións locais solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Aquelas corporacións locais solicitantes de subvencións para un programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada segundo as seguintes regras:

1º. Concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante e un mínimo de 150 persoas inmigrantes empadroadas no concello. No caso de non cumprir a porcentaxe anterior deberán ter polo menos 1.000 persoas estranxeiras empadroadas no municipio.

2º. Consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter unha media de 200 persoas inmigrantes empadroadas.

O cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e a poboación inmigrante empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución de convocatoria.

Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención, excepto a porcentaxe de poboación sobre a poboación total empadroada.

c) As corporacións locais solicitantes da subvención para un programa da tipoloxía recollida no artigo 4.1.c) dirixido ás persoas en situación ou risco de exclusión social non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa a prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

d) Todas as accións serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e teranse en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres a que se dirixen polo mero feito de ser home ou muller.

Artigo 4. Accións subvencionables

1. Programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables:

a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana.

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social.

d) Programas específicos dirixidos a persoas sen fogar.

2. Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social.

Artigo 5. Prestacións subvencionables dos programas e servizos de inclusión

1. En todos os programas enumerados no artigo 4.1 poderán subvencionarse as prestacións e servizos incluídos na carteira de servizos sociais de Inclusión aprobada polo Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, que se relacionan a continuación:

a) Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Dentro deste servizo financiaranse:

1º. Da sección de inclusión básica. Comprende as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

2º. Da sección de inclusión e transición ao emprego. Comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas á mellora da administración da economía familiar; as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral; a mediación laboral; a prospección e intermediación laboral activa; apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

3º. Prestación de reforzo socioeducativo para menores. Como prestación independente no marco das dúas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, inclúe o reforzo, orientación e apoio ao alumnado para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria, reducir o absentismo escolar e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.

4º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión residencial. Este servizo inclúe accións de apoio ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, debido aos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial. Subvenciónanse as prestacións obrigatorias da sección de Promoción do acceso e mantemento da vivenda: intermediación inmobiliaria, prevención da discriminación no mercado da vivenda e acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables e a prestación opcional de mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.

b) Excepcionalmente poderanse subvencionar fóra do servizo de apoio á inclusión sociolaboral as accións de formación adaptada cando desenvolvan contidos relacionados coas medidas comprendidas nas prioridades transversais da Estratexia de inclusión social de Galicia, nas que se inclúe a formación en alfabetización de coñecementos básicos dixitais, a formación en competencias clave e preparación para as probas para adquisición do título de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación secundaria para adultos (ESA).

2. Ademais das prestacións comúns a todos os grupos poderán subvencionarse as seguintes prestacións específicas aos seguintes colectivos vulnerables:

a) Para a poboación xitana subvencionarase, como módulo independente en calquera das súas seccións, a prestación de mediación social e/ou intercultural. Esta prestación deberá levarse a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos e/ou construír unha nova realidade social compartida. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

b) Para a poboación inmigrante, subvencionaranse os seguintes servizos:

1º. O servizo de promoción da participación social, que está dirixido á adquisición de habilidades lingüísticas e ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida; inclúe a prestación obrigatoria da sección de inmersión lingüística relativa ás accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia, e a prestación obrigatoria da sección de integración sociocultural relativa ás accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores e características da sociedade de acollida.

2º. Prestacións de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, nas que se enmarcan accións como a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

3º. Como módulo independente en calquera das súas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, subvencionarase a prestación de mediación social e/ou intercultural. Esta prestación deberá levarse a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos e/ou construír unha nova realidade social compartida. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

c) Para as persoas sen fogar, subvencionaranse como módulo independente en calquera das súas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral a prestación de mediación social e/ou intercultural. Esta prestación deberá levarse a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos e/ou construír unha nova realidade social compartida. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

3. Terán a consideración de programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social aqueles que conteñan actuacións complementarias da intervención social individual expresamente incluídas no seu proxecto de inclusión, que teñen por obxecto promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas e aqueloutros obxectivos establecidos no artigo 19 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Artigo 6. Persoas destinatarias das actuacións subvencionadas

1. As persoas destinatarias das actuacións subvencionables nos programas obxecto da axuda serán as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión da rede de equipos de inclusión sociolaboral, e, en xeral, as afectadas por factores de exclusión social. Neste último suposto a situación de exclusión social acredítase mediante declaración responsable da entidade solicitante de que o beneficiario está nesa situación. Para a consideración destes factores estarase ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. Nos programas dirixidos a persoas sen fogar, na declaración responsable da entidade indicarase que o factor de exclusión social é ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda previsto no artigo 3.1.i).n.

De conformidade co previsto no artigo 20.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servicios sociais comunitarios o seu financiamento, no caso dos programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á familias en situación ou risco de exclusión social, será requisito adicional que a unidade familiar destinataria do servizo teña valorada e prescrita a alta no programa por parte do persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais, e figure no corresponde expediente social.

En relación coas persoas inmigrantes deberán ser persoas en situación ou risco de exclusión ou nunha situación de vulnerabilidade derivada de súa situación de inmigrante e ter constancia desta condición de inmigrante ou da súa orixe estranxeira. A situación de exclusión ou vulnerabilidade acreditarase mediante declaración responsable da entidade solicitante de la subvención.

Tamén poderán ser beneficiarias aquelas persoas beneficiarias ou solicitantes de protección internacional que puidesen chegar á Comunidade Autónoma de Galicia.

Na ficha de descrición da actuación dos anexos II, III, IV, V, VI deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias e o seu perfil.

2. Con carácter xeral é incompatible a participación dunha persoa nun programa de apoio á inclusión sociolaboral coa participación no mesmo período que se subvenciona noutro programa de apoio á inclusión sociolaboral de similar contido, realizado noutro dispositivo público ou privado de inclusión social financiado por fondos públicos. Para estes efectos contarase coa información contida na aplicación informática «Inclusión Social» ou outras ferramentas que permitan a comprobación.

Artigo 7. Gastos que se subvencionan

1. Para os efectos da presente orde, consideraranse como gastos subvencionables das actuacións establecidas no artigo 5 os seguintes:

a) Gastos directos. Terán esta consideración os que a continuación se relacionan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:

1º. Gastos de persoal: persoal propio da entidade. Serán subvencionables os custos salariais totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha previa asignación de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación como no caso de dedicación parcial.

2º. Gastos de traballadores/as por conta propia.

3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.

4º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.

5º. Bolsas por asistencia a accións formativas que non sexan percibidas por persoas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento.

6º. Axudas por desprazamento para participantes en accións subvencionables.

b) Gastos de carácter indirecto. Terán a devandita consideración os que a continuación se relacionan, sempre que non se correspondan en exclusiva á actuación subvencionada por teren carácter estrutural pero resulten necesarios para a súa realización:

1º. Gastos de persoal.

2º. Gastos en material funxible.

3º. Gastos de aluguer e mantemento das instalacións como luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

2. En todo caso, os programas dirixidos á inclusión social subvencionados deberán cumprir as normas establecidas nos regulamentos (UE) nº 1303/2013 e 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificados ambos polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos a todas as axudas reguladas na presente orde será do 1 de novembro de 2019 ao 30 de xuño de 2021.

4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

5. Con respecto ás subvencións dirixidas a programas de inclusión poderanse subcontratar as prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral salvo a diagnose e a avaliación do proxecto de inclusión.

Cando a entidade subcontratada sexa beneficiaria doutras axudas dirixidas á inclusión social para a realización de prestacións da mesma natureza que a subvencionada por esta orde, os beneficiarios das prestacións deberán ser persoas diferentes, sendo de aplicación para a entidade subcontratada o réxime de incompabilidade previsto no artigo 8.

A contía subcontratada non poderá superar o 80 % da contía concedida e se supera o 20 % do total da subcontratación e a súa contía é superior a 60.000 € a subcontratación estará suxeita aos requistos previstos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos a entidade local remitirá á Dirección Xeral de Inclusión Social antes da súa celebración a proposta de adxudicación de contrato para a súa autorización.

Con respecto ao resto das prestacións subvencionadas non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles en que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, aluguer de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionadas con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

6. Cando, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe de cada un destes gastos supere os 15.000 €, para o caso de subministracións e servizos, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, excepto no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

A percepción das axudas para os programas previstos no artigo 4 é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública de fondos comunitarios para o mesmo proxecto. Isto significa que a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas e, de ser o caso, con achegas da propia corporación local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.

Nos supostos en que se declare algunha outra axuda ou ingreso que non proceda de fondos comunitarios para financiar actuacións subvencionadas, o importe da subvención que corresponda despois de aplicar os módulos correspondentes diminuirase na mesma contía que o ingreso percibido.

O conxunto de axudas percibidas para os programas non poderá exceder o custo total subvencionable.

Artigo 9. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación da entidade en que conste o acordo ou resolución da entidade local de solicitar a subvención.

b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/sa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.

c) Compromiso, asinado polo interventor da corporación local, do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida.

d) En caso de solicitudes formuladas por calquera tipo de agrupación de concellos, deberán achegar:

1º. O convenio onde se faga constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada concello membro da agrupación, con indicación da persoa representante ou apoderada única.

2º. Capacidade de representación legal da persoa asinante da solicitude naqueles supostos en que sexa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/sa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.

3º. Para os efectos establecidos no artigo 3, as mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, que pretendan acreditar a realización conxunta de programas, deberán presentar unha memoria de actuación en que conste unha relación de posibles destinatarios en que figure o seu empadroamento actual e a sede do servizo onde se lles vaia dispensar a atención.

4º. Memoria de aforro de custos presentada por calquera tipo de agrupación de concellos respecto da presentación individual.

e) Documentos específicos para a descrición dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables nos anexos II, III, IV, V, e VI, segundo a tipoloxía do programa que se vai presentar. Deberase presentar un anexo por cada un dos programas solicitados. A información mínima contida nestes anexos poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria. En todo caso, deberanse indicar as actuacións previstas no mes de novembro de 2019, as previstas desde o 1 de decembro de 2019 ata o 30 de novembro de 2020 e as previstas desde o 1 de decembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e demais normativa complementaria, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar o documento.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Se a solicitude non reúne algúns dos requisitos exixidos, conforme co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas actuacións que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 11.

5. As solicitudes ou actuacións que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, que deberá ser motivada. A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia nos termos establecidos no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. No exercicio das súas funcións, o instrutor do procedemento poderá solicitar informe ao órgano administrativo con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais e tamén informes dos servizos técnicos pertinentes, tanto a nivel central como territorial, os cales non terán carácter preceptivo nin vinculante. Así mesmo, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

3. O órgano instrutor elevará o informe emitido pola comisión de valoración xunto coa proposta de resolución ao órgano de resolución.

Artigo 13. Notificacións e publicacións

1. De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, publicaranse no Diario Oficial de Galicia os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

2. Así mesmo, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse complementariamente só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións electrónicas entenderanse practicadas en momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Comisión de valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, crearase unha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de emitir o correspondente informe no cal se concrete o resultado desa avaliación, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. No funcionamento da comisión aplicaranse as disposicións que regulan os órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Presidente/a: a persoa titular da subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social. No caso de ausencia, a suplencia será exercida pola persoa funcionaria co mesmo rango que a persoa titular e que estea adscrita á dirección xeral competente en materia de inclusión social.

b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de programas de inclusión, a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de atención ás persoas inmigrantes e un/unha funcionario/a adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social.

Na composición da comisión de valoración procurarase acadar una presenza equilibrada de homes e mulleres.

2. Secretario/a, con voz pero sen voto, será un/unha funcionario/a, nomeado pola persoa titular da dirección xeral compentente en materia de inclusión social, por proposta da persoa titular da presidencia. No caso de ausencia nomearase a outro funcionario na mesma forma que o titular.

3. En caso de ausencia dalgún membro da comisión de valoración será substituído pola persoa designada polo/a presidente/a.

4. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.

Artigo 15. Criterios de valoración das subvencións

1. O procedemento de concesión das subvencións para programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos e complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social dos artigos 4.1 e 4.2 atenderá a un réxime de concorrencia competitiva, e as solicitudes valoraranse cun máximo de 100 puntos conforme o seguinte baremo:

a) Obxectivos, necesidade social, e carácter innovador do  programa: ata 60 puntos coa seguinte desagregación:

1º. Complementariedade con outros recursos do Sistema galego de servizos sociais existentes no territorio: ata 10 puntos.

2º. Necesidade social, ata 20 puntos:

2º.1. Programas que recollan actuacións de inclusión residencial, 15 puntos. Se o programa contén actuacións específicas de acompañamento a mulleres sen fogar, alcanzarase a puntuación máxima de 20 puntos.

2º.2. Nos programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante, a necesidade social  valorarase en función das porcentaxes de poboación que se indican a continuación:

2º.2.1. Do 2,5 % ao 3,5 % de poboación inmigrante: 3 puntos.

2º.2.2. Do 3,5 % ao 5 % de poboación inmigrante: 4 puntos.

2º.2.3. De máis do 5 % de poboación inmigrante: 5 puntos.

2º.2.4. Adicionalmente, incrementaranse as puntuacións nos seguintes casos:

2º.2.4.1. Superar as 1.000 persoas inmigrantes: 6 puntos.

2º.2.4.2. Superar as 4.000 persoas inmigrantes: 5 puntos.

2º.2.4.3. Superar as 9.000 persoas inmigrantes: 10 puntos.

3º. Nº de persoas que se prevé atender  no programa ata 20 puntos:

3º.1. Máis de 60 persoas atendidas en todas as prestacións incluídas no programa subvencionado, 20.

3º.2. Máis de 30 persoas atendidas en todas as prestacións incluídas no programa subvencionado, 10.

3º.3. Máis de 10 persoas atendidas en todas as prestacións incluídas no programa subvencionado, 7.

4º. Continuidade na presentación de proxectos: 10  puntos.

b) Carácter integral dos proxectos de maneira que se aborden conxuntamente varias das prestacións e/ou accións subvencionables: 10 puntos.

c) Realización de actividades específicas de promoción da igualdade de xénero: ata 10 puntos.

d) Proxectos compartidos: ata 20 puntos, distribuídos do seguinte modo:

1º. Pola presentación de solicitude conxunta por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, ou calquera outra similar, excepto a fusión de concellos): 10 puntos.

2º. Memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual: 10 puntos.

No caso de proxectos compartidos presentados por unha fusión de concellos, outorganse a puntuación máxima desta epígrafe, 20 puntos.

Artigo 16. Determinación do importe das subvencións para programas

1. Unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos no artigo anterior, obterase unha relación ordenada, a cal se empregará como listaxe para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá segundo o establecido no seguinte número.

2. O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orde decrecente, de tal forma que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente á outra anualidade de maneira independente. Para estes efectos, a anualidade de 2019 comprenderá as actuacións comprendidas no mes de novembro de 2019, a anualidade de 2020 as actuacións desde o 1 de decembro de 2019 ata o 30 de novembro de 2020 e a anualidade de 2021 desde o 1 de decembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.

3. As solicitudes susceptibles de axuda que non se inclúan na proposta de resolución por estar esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para ser atendidas, ben co crédito que queda libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido nos artigos 30.2 e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nestas bases, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

4. Os módulos que se aplicarán ás prestacións subvencionables establecidas no artigo 5 serán os seguintes:

a) Módulo de apoio á inclusión sociolaboral:

1º. Sección de inclusión básica: 18,04 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico cunha titulación universitaria, titulación superior de FP complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada. Ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida. En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, cun máximo de 2.867 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 67 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas polo menos as prestacións que a carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.

2º. Sección de inclusión e transición ao emprego: 18,04 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que no parágrafo anterior, cun máximo de 2.867 horas para o período subvencionable para cada profesional a xornada completa. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 67 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas polo menos as prestacións que a carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais; accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

Para os programas recollidos no artigo 4.c) dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social, poderase solicitar financiamento para persoal técnico cun máximo de 5.733 horas para todo o período subvencionable. Neste caso o número mínimo de persoas atendidas será de 133 e o 60 % delas deberán ter as actuacións obrigatorias sinaladas máis arriba.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

Nos programas dirixidos a persoas sen fogar ou se se atopan en situación de exclusión severa exixirase para unha dedicación a xornada completa a atención de 25 persoas que deberán ter realizadas, polo menos, as prestacións obrigatorias elixidas do mesmo xeito que no parágrafo anterior.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

b) Módulo de formación adaptada/promoción da participación social/reforzo educativo: 18,04 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirecto realizado por persoal técnico coa mesma titulación que a prevista na letra a).

Os importes establecidos corresponderán cando teñan dereito á certificación acreditativa da súa realización un mínimo de cinco participantes que teñan acreditada a asistencia como mínimo ao 60 % do total das horas da acción formativa ou, no caso de reforzo educativo ou formación nas linguas da sociedade de acollida, cando teñan asistido cinco participantes a un mínimo do 60 % do total das horas de formación.

c) Módulo de mediación social e/ou intercultural: 16,06 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico con formación profesional superior de grao medio, ou formación académica equivalente, complementada con coñecementos adquiridos por demostrada experiencia no seu posto de traballo en mediación intercultural.

d) Módulo de asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxeiría: 18,04 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, cun máximo de 2.867 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dunha persoa coa titulación en dereito a xornada completa.

e) Módulo de apoio á inclusión residencial: 18,04 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que a prevista na letra a).

f) Módulo de educación e apoio familiar: 18,04 €/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que a prevista na letra a).

5. A contía máxima de axuda por programa establécese en 150.000 € euros para todo o período e para cada concello, en caso de mancomunidades ou fusión de concellos, que se subvenciona. Esta contía poderase superar nos casos dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral na modalidade de transición ao emprego de persoas en situación ou risco de exclusión social previstos no artigo 4.1.c) en que se poderá financiar en cada concello ata un máximo de 222.125 €. Para o caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para atender todas as actuacións solicitadas, as corporacións locais que soliciten varias actuacións nun mesmo programa deberán priorizalos por orden de importancia no anexo I.

A subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social supervisará a realización de todas as actuacións previstas e poderá requirir á entidade solicitante a súa modificación se conteñen duplicidades ou contradicións que afecten a correcta xustificación das axudas.

Artigo 17. Resolución

1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola intervención delegada.

2. As resolucións recaídas notificaranse ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración. Se vencese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, entenderase desestimada.

3. Dado que a subvención está cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, na resolución de concesión informarase o beneficiario do cofinanciamento comunitario, con expresión do obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico e porcentaxe de cofinanciamento.

Ademais, na resolución de concesión estableceranse as condicións da axuda a que quedan sometidas as persoas beneficiarias derivadas da aceptación da axuda, en especial os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o prazo de execución. Así mesmo, informaráselle de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

4. Unha vez recibida a resolución de concesión da subvención a corporación local beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

5. En aplicación do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe da axuda da proposta de resolución sexa inferior ao que figura na solicitude, poderase instar a entidade beneficiaria a que, nun prazo de dez días, reformule a solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención proposta e/ou formule as alegacións que considere pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Artigo 18. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro da presente orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, se esta fose expresa, ou seis meses a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto.

No caso de presentar o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Artigo 19. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo 17 e con carácter excepcional poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido, cando non fose posible efectualas dentro del, por existiren fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou doutro tipo de remanentes, ou debido a un incremento dos créditos dispoñibles, nos termos establecidos polo artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Neste caso, salvo que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta, outras solicitudes distintas ás consideradas para a resolución inicial.

Artigo 20. Infraccións e sancións

Será de aplicación aos beneficiarios das subvencións recollidas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 21. Obrigas das corporacións locais subvencionadas

1. As corporacións que sexan subvencionadas deberán:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso as actuacións prestaranse de acordo co establecido na carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

b) Manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida.

c) Conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación perante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Os beneficiarios comprométense a asumir a responsabilidade de adoptar as medidas necesarias para facer chegar ao público información sobre as operacións financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 de acordo co estipulado no artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018. En particular deberán facer constar, en todo tipo de publicidade e información das actuacións realizadas a condición de subvencionadas pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto, debendo figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao FSE que dá apoio ao proxecto e ao lema do Fondo. Durante a realización do proxecto informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, a presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos.

e) Informar, de ser o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como do obxectivo do fondo, figurando os emblemas como mínimo nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, de ser o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado o acceso á aplicación informática «Participa 1420».

g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que, de ser o caso, estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. En particular, e coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, comunicación en que se fará constar toda a información precisa para dar cumprimento aos requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE. En particular e con respecto ás persoas participantes solicitará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Para a acreditación deste punto, a entidade deberá solicitar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

h) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, e certificado en que se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

i) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas.

j) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten o lugar e o tempo da realización das actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días á data en que se produzan.

k) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

l) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

m) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades como nos desprazamentos para a asistencia a elas.

n) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

ñ) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

2. Os servizos da Consellería de Política Social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

No que respecta as obrigas previstas nas letras c) e d) de comunicar e informar os cidadáns de que as actuacións foron subvencionadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos no programa operativo, a Dirección Xeral de Inclusión Social solicitará proba documental do cumprimento desta obriga que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga ou non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 25.

Artigo 22. Prazos e modalidades de xustificación

1. A xustificación dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos no artigo 4.1 e 4.2 xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b), d) e 68 ter do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, de modo independente para cada unha das actuacións subvencionadas.

2. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. O primeiro período comprende as actuacións realizadas durante o mes de novembro de 2019 que deberá presentarse antes do 5 de decembro de 2019. O segundo período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite 5 de decembro de 2020. O terceiro período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2020 e 30 de xuño de 2021 ambos incluídos, e a xustificación debe presentarse antes do 5 de xullo de 2021.

Artigo 23. Forma de xustificación

1. A documentación necesaria para xustificar os programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana, inmigrante e persoas en situación ou risco de exclusión social previstos no artigo 4.1 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento da subvención no anexo VII.

1º.2. Declaración responsable para a fase de xustificación no anexo VIII.

1º.3. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, reforzo educativo e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

2º.3. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

2º.4. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, no caso dos menores polo/a pai/nai ou titor/a, e o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

3º. No caso das actuacións de mediación social e intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría:

3º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

3º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

3º.3. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

3º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial:

4º.1. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

4º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

4º.3. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

4º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

1º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

1º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1º.5. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias. Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cubriron para cada un deles os indicadores de produtividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

1º.6. As actuacións dirixidas a atención de persoas sen fogar ou exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.

1º.7. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, reforzo educativo e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º.2. Declaración responsable do anexo VIII.

2º.3. Memoria económica xustificativa do anexo IX.

2º.4. Declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cubriron para cada unha delas os indicadores de produtividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta declaración non é necesaria no caso do reforzo educativo.

2º.5. Partes de asistencia das actuacións onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, no caso dos menores polo/a pai/nai ou titor/a, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

2º.6. Certificado de finalización da acción formativa.

2º.7. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

3º. No caso das actuacións de mediación intercultural e asesoramento técnico:

3º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

3º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

3º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

3º.4. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou a prestación.

3º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

3º.6. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial.

4º.1. Solicitude de pagamento no anexo VII.

4º.2. Declaración responsable no anexo VIII.

4º.3. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

4º.4. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar firmada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou a prestación.

4º.5. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º.6. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

2. A documentación necesaria para xustificar os programas complementarios de educación e apoio familiar previstos no artigo 4.2 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

4º. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo traballador e a entidade responsable.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

4º. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo/a traballador/a e o beneficiario da prestación, no caso dos menores polo/a pai/nai ou titor/a, de que a persoa realizou a prestación.

5º. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo/a traballador/a e a entidade responsable.

6º. Memoria da actuación rematada no anexo X.

3. Para homoxeneizar a documentación xustificativa, toda a documentación debe presentarse obrigatoriamente segundo os modelos dispoñibles a través da páxina web da Consellería de Política Social, excepto aqueles que poidan extraerse da plataforma informática.

Artigo 24. Forma de pagamento

1. O importe de axuda que se vai percibir será o resultado obtido de multiplicar o importe de cada unidade de atención realizada polo número delas efectivamente xustificadas.

2. No caso do servizo de apoio á inclusión establecido no artigo 5.1.1), se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizadas as actuacións obrigatorias, procederase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.

Artigo 25. Reintegro das subvencións concedidas

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Particularmente, acadarán a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 21.1.b) e d). O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 21.1.i) e 21.1.j) implicará que a correspondente acción formativa se considere non realizada, agás no caso da establecida no artigo 21.1.j), cando se poida acreditar que a non comunicación en prazo se debe a causas imprevistas debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Procederá o reintegro do 10 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

Procederá o reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puideran corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación, como obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc. estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste número resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

3. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o beneficiario poderá realizar a devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e NIF do beneficiario. Unha vez ingresado deberase informar a Dirección Xeral de Inclusión Social da devolución voluntaria realizada.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideran impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria.

Artigo 27. Control

1. A Consellería de Política Social poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. Sen prexuízo do indicado no número anterior, a Consellería de Política Social realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e á súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e aqueloutras que determine a súa condición de subvencionada polo PO FSE Galicia 2014-2020.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social a que actúe por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá. Nestes datos inclúense os recadados da aplicación informativa «Inclusión Social» titularidade da Xunta de Galicia, e que ten por obxecto facer o seguimento das prestacións sociais outorgadas ás persoas beneficiarias das axudas.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de organismo intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión dos programas operativos segundo o disposto nos artigos 125, punto 2, artigo 140, puntos 3 a 5, e anexo XIII, punto 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Disposición adicional terceira. Medida contra o fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puideran ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social para ditar os actos e instrucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X

Guión para a elaboración da memoria de actuación
das actividades realizadas

1. Datos relativos á actuación.

a) Denominación da entidade.

b) Denominación da actuación con indicación do marco en que se desenvolve.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos.

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

4. Recursos empregados.

a) Recursos humanos especificando a súa titulación e dedicación horaria á actuación.

b) Recursos materiais especificando os que son cedidos e a cooperación con outras entidades, se é o caso.

5. Actuacións desenvolvidas.

a) Cronograma.

b) Datas de inicio e remate.

c) Número de horas.

d) Modo de selección de participantes.

e) Metodoloxía do programa, incluíndo como se aplicou a perspectiva de xénero no seu desenvolvemento. Referencia ás técnicas e procedementos da intervención facendo especial fincapé, no seu caso, naqueles con compoñente innovador.

f) Relación de participantes con expresión do DNI ou equivalente.

g) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

h) Outros datos de interese (asistencia, número de baixas, motivación, dificultades, etc.) desagregados por sexo.

i) Coordinación con outros dispositivos (equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades, etc.

6. Datos relativos ás persoas participantes (só para actuacións do artigo 4.1.a) e 4.1.b)1º. Para o resto de actuacións esta información achegarase a través dos cuestionarios que se lles faciliten).

a) Perfil:

1º. Clasificación segundo o sexo: (número de homes, número de mulleres).

2º. Clasificación segundo idade (por sexo).

3º. Clasificación por nivel de estudos, etc. (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.) por sexo.

5º. Clasificación por situación laboral e sexo.

b) Perfil das persoas con inserción laboral:

1º. Número total de insercións laborais.

2º. Clasificación segundo o sexo (número de homes, número de mulleres).

3º. Clasificación segundo idade (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas dos participantes por sexo (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.).

5º. Clasificación por nivel de estudos por sexo, etc.

6º. Datos relativos ao tipo de contrato, xornada e sector de actividade por sexo.

7. Avaliación cualitativa da actuación.

a) Grao de cumprimento de obxectivos.

b) Protocolo de seguimento de actuacións e participantes.

c) Valoración do alumnado/persoas participantes/usuarias.

d) Resultado de indicadores de avaliación.

e) Conclusións. Aspectos que destacaría como boa práctica.

As entidades deberán seguir este guión, podendo engadir nas súas memorias os aspectos que consideren significativos para a valoración das actuacións desenvolvidas.

A entidade deberá presentar unha memoria para cada unha das actuacións subvencionadas.