Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 2 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, polo que se lle notifica á interesada o requirimento e comunicación do prazo de resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial 2019/04-RRP.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, anúnciase a notificación do requirimento e comunicación do prazo de resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial a María Gómez Arias, a quen non se lle puido notificar por correo certificado.

A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, despois da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, o acto administrativo non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 3, 2º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido da interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2019

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Nº de expediente: 2019/04-RRP.

DNI da interesada: 33769742S.

Acto notificado: requirimento e comunicación do prazo de resolución.