Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO da modificación puntual número 22 das normas subsidiarias do planeamento municipal para a redelimitación do núcleo rural de San Roque.

O Concello de Vilanova de Arousa está iniciando a tramitación da modificación puntual número 22 das normas subsidiarias do planeamento municipal para a redelimitación do núcleo rural de San Roque.

De conformidade co disposto nos artigos 78.2.a) da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, e 191.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, sométese o documento a información pública durante un prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e dous dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na área de Urbanismo do Concello, sita na casa do concello, 3º andar (praza do Concello, número 1), de luns a venres, agás festivos, das 9.00 ás 13.00 horas.

Vilanova de Arousa, 8 de agosto de 2019

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde