O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT Galicia (FeSMC-UGT Galicia).
DISPOÑO:
A renovación do mandato de José Ramón Piñeiro Rodríguez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación das organizacións sindicais.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar