Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica as bases definitivas e que o afecta.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), ao propietario da zona de concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución pola que se modifican as bases definitivas da dita zona e que lle afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O interesado poderá coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día siguiente ao da publicación.

A Coruña, 1 de agosto de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración

78803639G

Resolución

Vilantime (Arzúa-A Coruña)