Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 132 kV, parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela, nos concellos de Samos e de Triacastela (expediente 017/2005 AT).

Con data do 13 de febreiro de 2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgan á empresa Fergo Galicia Vento, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción, declárase a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LAT 132 kV, parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela, nos concellos de Samos e de Triacastela.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se inclúe como anexo á presente resolución e que tamén se publica no taboleiro de anuncios do Concello de Triacastela, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 16 de setembro de 2006 e no Diario Oficial de Galicia do 18 de setembro de 2006 para que comparezan o próximo 30 de agosto de 2019 no Concello de Triacastela, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na que se sinalará o día e a hora para o levantamento de actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Triacastela, estará exposta a data do levantamento de actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 5 de xullo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parc.

Ref. catastral

Propietario

Lugar

Superficie afección

Apoios

Voo

Gabia

Pol.

Núm.

Nome e apelidos

Nº apoio

Superficie (m2)

Total (ml)

Total (m2)

Monte alto (m2)

Pasto/prado (m2)

Monte baixo (m2)

Superficie (m2)

3

42

265

Montes Veciñais en Man Común de Ramil e de Triacastela

José Manuel López Valcarce

Cernada

14-15-16-17-18-19

90,28

692,09

13.841,72

1.331,79

12.509,93

6

42

180

Julia Pérez Anguez

Peneliñas

16,75

334,96

334,96

15

41

44

María Jesús Pombo Páez
Mercedes Pombo Páez
Mercedes Pombo Portela
Rosario Pombo Portela

Carrego

23,66

473,1

473,1

16

41

43

Rosario Pombo Portela

Carrego

13,96

279,25

0

279,25

0

18

41

41

María Jesús Pombo Páez
Mercedes Pombo Páez
Mercedes Pombo Portela
Rosario Pombo Portela

Carrego

20

36

9,49

189,8

189,8

70,56