Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública a separata do proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, coa clave OU/18/094.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto construtivo de mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, coa clave OU/18/094.06.

O treito da OU-105 en que se desenvolve o proxecto construtivo comprende desde o p.q. 0+800 ata o 1+150, aproximadamente, e o obxectivo é a mellora da seguridade viaria da OU-105 no contorno do tanatorio de Ourense, mediante unha reordenación da sección transversal, optimizando a circulación de peóns e o tráfico rodado. Todo o treito está no termo municipal de Ourense.

O obxectivo deste proxecto consiste en definir as seguintes actuacións:

• Reordenación da sección transversal, repintando todo o treito recollido no proxecto.

• Accesos e interseccións:

– Mellora no acceso ao tanatorio pola rúa Canizo no p.q. 0+860.

– Glorieta de 36 m na intersección da OU-105 coa continuación da rúa Canizo (p.q. 1+065).

• Mellora nos carrís centrais de espera e incorporación no acceso á rúa Canizo (p.q. 0+860).

• Mellora dos firmes e pavimentos.

• Completar os percorridos peonís e ciclistas cunha senda mixta na marxe dereita da rúa Canizo, ata a súa conexión coa OU-105.

• Sinalización e balizamento de todo o treito.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense) e no Concello de Ourense (Pza. Maior, 1, 32005 Ourense). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o documento de separata do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 31 de xullo de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, clave OU/18/094.06

Concello de Ourense.

Referencia catastral

Pol.

Parcela

Propietario

Uso

Superficie total (m2)

Sup. para expropiar (m2)

Ocupación temporal do solo (m2)

Bens afectados

1

4454787NG9845S0001YR

44547

87

Grúas Tower, S.A.

Industrial

2.137,00

39,35

2

4454786NG9845S0001BR

44547

86

Eladio Blanco Pérez

V-Viña secaño

4.548,00

49,96

3

4452601NG9845S0001OR

44526

1

Máis 4, S.L.

C-labor ou labradío secaño

383,00

57,65

4

4452610NG9845S0001JR

44526

10

En investigación (art. 47 da Lei 33/2003)

C-labor ou labradío secaño

549,00

313,27

89,44

5

4452609NG9845S0001SR

44526

9

Luis Freire Iglesias

C-labor ou labradío secaño

970,00

267,00

167,66

Muro de pedra sobre pedra 14,30 m

6

32900A182003290000LI

182

329

Remedios Rúas Lorenzo

PD-prados ou pradeiras

2.916,00

98,33

Peche de postes de pedra con arame de espiño 2,00 m

Árbore de porte grande 6,00 ud.

7

32900A180002350000LQ

180

235

Celso Adán Álvarez

Domingo Adán Álvarez

MT-matogueira

5.909,00

953,59

Muro de bloque de formigón con postes de formigón e arame de espiño 51,90 m

Valo de arame 19,75 m

Porta peche parcela 1,00 ud.

Peche de postes de pedra con arame de espiño 20,00 m

Árbore de porte grande 2,00 ud.

Árbore de porte medio 7,00 ud.

8

32900A180002400000LL

180

240

Saturnino Cuquejo Iglesias

I-improdutivo

363,00

176,30

9

32900A180002300000LW

180

230

Edificio La Mola, S.L.

MT-matogueira

1.499,00

46,90

10

32900A180002240000LZ

180

224

Luis Ferreras Méndez

Teresa Fidalgo Salgado

PD-prados ou pradeiras

758,00

125,87

MT-matogueira

213,00

11

32900A180002260000LH

180

226

Tanatorio As Burgas, S.L.

PD-prados ou pradeiras

911,00

28,32

253,98

12

4352201NG9845S0001QR

43522

1

Tanatorio As Burgas, S.L.

I-improdutivo

149,00

7,73

31,13